Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Partido Popular acusa a Pedro Sánchez de converter a campaña nunha tómbola

O Partido Popular acusa a Pedro Sánchez de converter a campaña nunha tómbola

O presidente do Goberno anunciou este domingo durante un acto electoral o desconto para que os xubilados poidan ir ao cine por dous euros

G24.gal 15/05/2023 14:50

O presidente do Goberno volve escoller un acto electoral, desta volta en Castela-A Mancha, para adiantar unha nova medida que se levará ao Consello de Ministros. "Imos bonificar os maiores de 65 anos para que todos os martes vaian ao cine e só paguen dous euros", aseguraba Pedro Sánchez.

Unha medida que non é nova. Xa se aplicou na Comunidade de Madrid con Esperanza Aguirre de presidenta entre 2006 e 2012. Neste caso, o prezo da entrada de cine non superaba o euro.

Desde os socios de goberno de Unidas Podemos valoran a iniciativa como un bo xeito de apoio ao cine e de facilitar o acceso á cultura. "É unha boa nova. Hai moito por facer. Apoiar as novas producións españolas e no resto das linguas cooficiais", di Pablo Echenique, voceiro dos morados no Congreso.

O Partido Popular acusa a Pedro Sánchez de converter a campaña electoral nunha tómbola. E pídelle ao presidente do Goberno que rebaixe o IVE da cesta da compra como medida máis efectiva para axudar os maiores. 

"É moito máis importante baixar o IVE da carne, o peixe e das conservas para que as cestas da compra dos nosos maiores, vivan onde vivan, haxa cine ou non, poida chegar a fin de mes. É unha medida populista. Xa existe o día do espectador, tampouco descubriu a pólvora", asegura Cuca Gamarra, voceira dos populares na Cámara Baixa.

A rebaixa das entradas de cine para os maiores aprobarase previsiblemente no Consello de Ministros deste martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade