Esquerra Republicana e os socialistas pactan os presupostos de Cataluña
Esquerra Republicana e os socialistas pactan os presupostos de Cataluña
Illa e Aragonès asinaron o pacto, que lles dá estabilidade aos gobernos catalán e central
Esquerra Republicana e os socialistas cataláns asinaron o pacto para aprobar os presupostos da Generalitat. O acordo dálle osíxeno a Père Aragonés tras romper con Junts per Cataluña. E achaia o final da lexislatura de Pedro Sánchez, que asegura o apoio dos republicanos.
O acordo chega despois de meses de negociacións co PSC, peza clave para aprobar os presupostos da Generalitat. Os de Illa danlle así estabilidade a un Goberno catalán en minoría, pero rexeitan falar dun pacto de lexislatura.
Salvador Illa, primeiro secretario do PSC, di: "Non é un pacto de lexislatura nin moito menos. De feito nós seguimos traballando nunha alternativa ao Goberno de Aragonès porque pensamos que non é o que Cataluña necesita".
O Goberno central avalou o acordo, que lle garante o apoio dos republicanos neste final de lexislatura. E póñeno como exemplo da nova etapa de entendemento con Cataluña.
"É unha gran noticia para Cataluña para España, porque é un exemplo da Cataluña do futuro: adeus os bloques e adeus o enfrontamento", asegura Félix Bolaños.
Para o Partido Popular o apoio aos presupostos cataláns é unha peaxe máis que o PSOE ten que pagar para manter o Goberno de España.
Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, di: "A eliminación do delito de sedición e a rebaixa da malversación é unha parte do presuposto que pactaron. O PSC xa non é o que se dixo que era para conseguir os votos dos cataláns".
Núñez Feijóo sitúa os socialistas cataláns fóra do constitucionalismo por pactar as contas co Goberno de Aragonès.