Coristas galegos reúnense en Chantada e animan a xente a cantar porque "contribúe á felicidade"
Coristas galegos reúnense en Chantada e animan a xente a cantar porque "contribúe á felicidade"
No primeiro Encontro do Coro da Federación Coral Galega, aseguraron que cantar contribúe activamente á felicidade
Celébrase en Chantada esta fin de semana o primeiro Encontro do Coro da Federación Coral de Galicia, un evento no que participan uns corenta directores de coro e coristas que consideran que o canto é un motor esencial que "contribúe á felicidade".
A todos lles encanta cantar. Hai directores e directoras de coro e tamén coristas, profesionais e afeccionados, que esta fin de semana axuntan voces en Chantada. Unha experiencia, din, moi beneficiosa e enriquecedora.
Pablo é o presidente da Federación Coral Galega e leva cantando dende pequeno; agora dirixe seis coros. A idea do encontro desta fin de semana tomárona da Federación de Bandas.
Todos animan a xente a cantar, un xeito de expresarse, que, segundo din, contribúe activamente á felicidade.