Publicador de contidos
Publicador de contidos

O II Encontro de Alcaldesas da Coruña visibiliza o liderado feminino en máis de 30 cidades españolas

O II Encontro de Alcaldesas da Coruña visibiliza o liderado feminino en máis de 30 cidades españolas

En Galicia só 2 de cada 10 concellos están gobernados por unha muller

G24.gal 01/10/2024 20:42 Última actualización 01/10/2024 21:28

Alcaldesas de cidades españolas de máis de 100.000 habitantes e rexedoras galegas debateron na Coruña sobre o papel da muller na política local, onde persiste a infrarrepresentación.

En Galicia só 2 de cada 10 concellos están gobernados por unha muller.

"Este ano quixemos poñer o foco na acción de goberno desde unha mirada sostible, innovadora e sempre feminista. O progreso das mulleres significa o progreso do mundo e, por iso, os países e as empresas que promoven a igualdade avanzan máis rápido e chegan máis lonxe", sinalou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

No II Encontro de Alcaldesas, impulsado pola rexedora coruñesa, púxose en valor o liderado feminino para as novas políticas nas axendas do cambio.

"Alcaldesas, o voso traballo diario representa ese verdadeiro feminismo transformador que contribúe a unha sociedade cada vez máis xusta, máis equitativa e máis igualitaria", apuntou Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade.

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda María Jesús Montero engadiu que "as mulleres que están nos postos de responsabilidade cando as sociedades se vertebran na igualdade son máis eficaces economicamente, son máis fortes socialmente e ha maior probabilidade de éxito". 

As rexedoras asinaron a Declaración de María Pita co compromiso de incorporar a variable de xénero no deseño, economía e forma de liderar as súas cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade