Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio dunha vivenda no concello de Mos provoca danos materiais

O incendio dunha vivenda no concello de Mos provoca danos materiais

O propietario da casa inhalou bastante fume tratando de apagar o lume cunha mangueira

Ardeu un cuarto enteiro da casa Ardeu un cuarto enteiro da casa
G24.gal 22/01/2024 16:35

Na mañá deste luns orixinouse un incendio nunha casa de Tameiga, no concello pontevedrés de Mos. Por sorte o incidente deixa só danos materiais, non houbo feridos.

O único afectado foi o dono da casa, que  tratou de apagar o lume cunha mangueira antes de que chegaran os bombeiros. Nese tempo inhalou bastante fume, pero a cousa non foi a máis. Sobre os danos materiais, ardeu unha habitación enteira.

Todo apunta a que a orixe do lume puido ser un problema na secadora ou no ferro da roupa.

O encargado de dar a voz de alarma foi un veciño, quen avisou aos servizos de emerxencia cando viu saír fume por unha fiestra da casa afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade