Publicador de contidos
Publicador de contidos

O inverno foi moi variable, con inundacións en decembro e seca extrema en febreiro

O inverno foi moi variable, con inundacións en decembro e seca extrema en febreiro

Houbo máis de 25.800 raios en Galicia en 2022, 5.000 o día 14 de xullo en só dúas horas

A conselleira do Medio Ambiente di que o cambio climático vai máis lento en capas altas ca en superficie

Decembro e xaneiro foron meses moi chuviosos
G24.gal 03/03/2023 14:48

Este inverno foi cálido e húmido, con períodos de moita chuvia e de moita seca, e con episodios de temperaturas mínimas moi baixas e máximas moi altas, segundo os datos feitos públicos por Meteogalicia. O cambio climático, cren, é a causa de que se dean fenómenos máis concentrados.

En xaneiro choveu o dobre do habitual e febreiro foi un mes extremadamente seco, o máis seco da última década. En decembro, as temperaturas estiveron dous graos por riba do usual, mentres que a media dos tres últimos meses foi só 0,7 graos superior. A concentración de episodios dáse en todas as medicións meteorolóxicas.

"Son fenómenos que se vemos o mellor o total de raios, de precipitación, non vemos que haxa grandes diferenzas con respecto ao clima normal, pero si que hai esta tendencia a que eses fenómenos se vaian agrupando e se vaian facendo algo máis extremos", di Juan Taboada, meteorólogo de Meteogalicia.

Detrás está o cambio climático, que, segundo as medicións feitas ata o de agora, nas capas altas da atmosfera podería non estar tan avanzado.

"Temos datos que nos afianzan en que ese cambio climático que ás veces vemos en superficie non é o mesmo que o que vemos en altura. Está máis ralentizado en altura do que podemos comprobar en superficie. Isto dános un mínimo de tranquilidade ao tempo que nos di que hai que seguir loitando", sinalou Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Ambiente.

Meteogalicia contabilizou o ano pasado máis de 25.800 raios. O 14 de xullo foi o día de máis actividade eléctrica, con máis de 5.000 raios en só dúas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos