O IPC adiantado sobe en abril un 4,1 % respecto ao ano pasado
O IPC adiantado sobe en abril un 4,1 % respecto ao ano pasado
Os prezos do combustible, da electricidade e dos produtos frescos son os responsables do incremento
O IPC adiantado de abril sobe un 4,1 % respecto ao pasado ano, oito décimas máis ca no mes de marzo. Os datos aínda son provisionais. Os definitivos, coñeceranse dentro de quince días.
O aumento dos prezos dos carburantes, da electricidade e dos produtos frescos está detrás deste incremento.
Subiron os legumes, o brócoli e os ovos e mesmo produtos básicos como a cebola ou a pataca. Tamén as carnes de todo tipo e algúns peixes.
Nos mercados, coma o vigués de Teis, recomendan axeitar a compra aos prezos e non ir con ideas preconcibidas. Hoxe, por exemplo, están caros os chinchos e o salmón, polo que compensa mercar peixe sapo ou rapantes.
Para tentar compensar o encarecemento do gasóleo e da gasolina, moita xente opta por reducir ao máximo o uso dos vehículos. Pero non todo o mundo pode facelo.