Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Irixo podería vivir a primeira moción de censura despois das eleccións do 28M

O Irixo podería vivir a primeira moción de censura despois das eleccións do 28M

Segundo fontes de Europa Press, Xuntos polo Irixo e PSOE asinaron un pacto para botar o PP da alcaldía

Xuntos gobernaría tres anos e o PSOE, o ano restante

O rexedor goberna en minoría e co apoio de 4 edís, fronte aos 5 que suman os dous partidos da oposición

Actual alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira Actual alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira
G24.gal 08/08/2023 19:25

Aínda non se cumpriron dous meses da toma de posesión dos rexedores despois das eleccións do 28 de maio e sobre o municipio ourensán do Irixo planea xa a primeira moción de censura.

Xuntos polo Irixo e PSOE chegaron a un acordo para botar da alcaldía o popular Manuel Cerdeira.Antes da toma de posesión de xuño non foi posible alcanzar un acordo, que agora si fraguou.

En termos xerais, Xuntos e PSOE prevén impulsar unha moción de censura tras articular un acordo de coalición en que reparten o bastón de mando: tres anos do mandato terao a candidata de Xuntos e o restante, Iago Fariñas.

O actual alcalde, Manuel Cerdeira, volveu tomar posesión como rexedor o pasado 17 de xuño, pero en minoría e co apoio de 4 edís, fronte aos cinco que sumaban os tres concelleiros de Xuntos polo Irixo, con Susana Iglesias como candidata, e os dous do PSOE, con Iago Fariñas de voceiro.

Os detalles do acordo que asinarán os agora grupos da oposición e que dará pé á moción de censura daranse a coñecer, previsiblemente, o venres, data en que podería materializarse a presentación da iniciativa censora.

O PP critica o acordo

Despois de transcender o acordo de Xuntos e PSOE, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, remitiu un comunicado en que define o pacto como o reflexo "dunha triste loita de poder, unha repartición de cargos e de postos". "Cuestións que hai que poñer, sempre, por detrás dos veciños, sen priorizar nunca temas persoais ou partidistas", esgrimiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade