Internan o autor de roubos en buses de Ferrol para a súa análise psiquiátrica
Internan o autor de roubos en buses de Ferrol para a súa análise psiquiátrica
O servizo de psiquiatría vai avaliar de urxencia o seu estado mental por orde xudicial
Impútaselle un delito de roubo e uso dun vehículo e mais outro por intento de atropelo
As persoas ás que intentou pasarlles por riba co coche eran seu pai e súa irmá
A Garda Civil comunicou este luns a detención, por terceira vez nesta última semana, do mozo de Neda que xa roubara en catro ocasións dous autobuses da estación de Ferrol, producíndose esta vez tras ser localizado este domingo en Fene, onde intentou atropelar dúas persoas.
Dende o Instituto Armado aseguran que se lle imputa un delito de roubo e uso dun vehículo e mais outro contra a seguridade viaria, tras intentar pasarlle por riba co coche a seu pai e a súa irmá "cando intentaban impedirlle que subise ao coche".
O agora detido, segundo fontes da Guarda Civil, atópase nun estado "violento e agresivo". Ademais, a Benemérita recordou que o rapaz non ten permiso de condución.
O coche roubouno tras un descoido do propietario, a quen lle colleu as chaves para poder pilotalo. No momento en que se dispoñía a conducir, o seu pai e a súa irmá intentaron impedirllo, momento en que sucede o atropelo.
Os incidentes protagonizados polo detido transcenderon tras comunicar ao Concello de Ferrol que axentes municipais detiveron o mércores ao varón grazas á denuncia dun home, que, tras ter un choque co autobús na rúa Atocha, avisou a policía.
Internan o detido para a súa análise psiquiátrica
O Xulgado de Instrucción número 3 de Ferrol decretou este luns o ingreso hospitalario para a súa análise psiquiátrica. Ordenan un recoñecemento urxente no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ante o último incidente causado polo home, de 19 anos de idade e veciño de Neda (A Coruña).
A súa familia xa indicara que o implicado padece esquizofrenia, e tanto os seus achegados como o propio afectado reclamaron axuda para evitar que se repitan estes feitos.