Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leganés regresa á primeira división como campión

O Leganés regresa á primeira división como campión

O Leganés é campión de segunda, os dous asturianos entran en promoción e sálvase o Mirandés

G24.gal 02/06/2024 20:20

O Leganés dependía de si mesmo para ascender a primeira e regresar despois duns anos sen pisar a categoría de ouro do fútbol español. O Leganés gañou a un Elxe que non tiña nada en xogo, con goles de Miguel de la Fuente e de Juan Cruz, os dous na primeira parte, e na segunda dedicouse a celebrar o acadado.

A loita polos postos de promoción de ascenso levou por diante o Racing de Santander, un dos equipos que dependía de si mesmo pero que perdeu contra un Vilarreal B xa descendido. O Sporting fixo a súa parte, gañou en Elda e aproveitou a derrota do Racing. O outro equipo asturiano, o Oviedo, caeu na casa do Éibar e estivo bastantes minutos fóra deses postos privilexiados, pero o gol do Vilarreal B pode facer que vexamos un derbi asturiano na final polo ascenso.

E na loita polo descenso xogábano todo o Mirandés e o Amorebieta, que por caprichos da vida se enfrontaban entre eles nunha última xornada de infarto. O Amorebieta tiña que gañar si ou si, pero non puido anotar ningún gol, mentres que o Mirandés si que deu anotado un gol, gañou o partido e mantense na categoría outro ano máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos