Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio de Rianxo foi causado por un veciño que lanzou bombas de palenque polas festas

O incendio de Rianxo foi causado por un veciño que lanzou bombas de palenque polas festas

A Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais establece que só se pode utilizar material pirotécnico baixo a supervisión dun profesional e coa aprobación do Concello

G24.gal 24/08/2022 16:55

O incendio forestal rexistrado o pasado 21 de agosto en Rianxo e que queimou máis dunha hectárea de monte raso foi provocado por unha persoa que lanzou bombas de palenque durante a celebración das festas.

Así o recolle a Xunta nunha nota de prensa. Os axentes do Grupo de investigación de incendios da Xefatura da Policía Autonómica en Santiago de Compostela tomaron declaración a unha persoa como presunta autora do lume producido na parroquia de Isorna.

O atestado xa se remitiu ao Xulgado de Instrución de garda de Padrón.

A Lei de prevención e defensa contras os incendios forestais establece que só se poderán utilizar artefactos pirotécnicos supervisado por persoal cualificado e con autorización do Concello.

Cando o risco de incendio é extremo prohíbese o uso destes artefactos nos terreos forestais e zonas de influencia forestal.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 38 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade