Un lume iniciado esta madrugada en Viana do Bolo supera as 80 hectáreas
Un lume iniciado esta madrugada en Viana do Bolo supera as 80 hectáreas
Controlados os incendios de Porto do Son e Lobeira
A seca aumenta o risco de aparición de incendios
Na noite do sábado ao domingo declarouse un novo incendio no concello ourensán de Viana do Bolo, concretamente na parroquia de Grixoa que supera as 80 hectáreas. Os efectivos de extinción de incendios traballan na zona para tratar de controlalo.
Outro incendio forestal, que afectou á Serra do Xurés, no concello ourensán de Lobeira, extinguiuse na tarde do sábado despois de tres días activo desde que comezara na parroquia de San Xes de Vilariño, afectando 625 hectáreas
Tamén en Porto do Son lograron estabilizar este sábado o incendio que prendeu en Ribasieira, con máis de 80 hectáreas danadas. O alcalde do Porto do Son está convencido de que foi intencionado porque prendeu en distintos focos.