Cargando resultados...
O maior carillón itinerante do mundo soa en Tui
O maior carillón itinerante do mundo soa en Tui
Só existen uns 20 carillóns itinerantes no mundo e este é o máis grande de todos
G24.gal
24/08/2022 21:50
Última actualización 24/08/2022 22:24
As campás do carillón Lusitanus, o máis grande do mundo, repenicaron este serán na eurocidade Tui-Valença.
Só existen uns 20 carillóns itinerantes no mundo e este é o máis grande de todos.
É de bronce e pesa 700 quilos. Ten 63 campás de diversos tamaños dirixidas pola artista portuguesa Ana Elías.
Centos de persoas achegáronse a escoitar este instrumento tan especial.
A sorpresa chegou cando o público recoñeceu as pezas que soaban, algunhas tan clásicas como a 'Para Elisa', de Beethoven.
Un momento especialmente emotivo foi a interpretación de 'Marigolds', unha homenaxe á dramática situación que atravesa o pobo ucraíno.