Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mal tempo condiciona a circulación por estrada

O mal tempo condiciona a circulación por estrada

Ao logo do día rexistráronse varios accidentes de tráfico nas vías galegas

G24.gal 24/12/2022 19:18 Última actualización 24/12/2022 19:32

O mal tempo podería estar detrás dun sinistro de tráfico rexistrado ao mediodía en Mos. Un vehículo caeu desde un paso elevado da autovía A-55, a que une as localidades de Vigo e Tui. As cinco persoas que viaxaban nel quedaron feridas, entre elas unha menor.

No concello de Cabanas, outro coche acabou envorcado á porta dunha casa, no quilómetro 27 da Nacional 651. O condutor e único ocupante saiu polo seu pé, axudado polos veciños, pero foi trasladado en ambulancia ao hospital para facerlle un recoñecemento.

Os residentes no lugar din que este é un punto negro que suma multitude de sinistros.

"Nove ou dez ao ano, máis ou menos. Sempre van para este lado. Tírannos os muros, as farolas. Os sinais non duran. Hai tres carrís e a velocidade está limitada a 80, pero soben a bastante máis".

Os veciños explican que denunciaron a situación reiteradamente pero sen éxito e que temen por eles e pola xente que pasa a pé facendo o Camiño inglés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar