O manga triunfa entre os máis novos
O manga triunfa entre os máis novos
Os cómics xaponeses viven unha segunda onda de popularidade
Acumúlase o traballo nas horas previas á chegada dos Reis Magos nas tendas de cómics. Os manga xaponeses están entre os agasallos máis desexados.
"Estamos vivindo unha segunda onda que chega sobre todo aos adolescentes que entran na lectura a través do manga", explica Roberto Martínez, responsable da libraría Banda Deseñada de Vigo.
En moitos casos, os lectores destes cómics xaponeses chegan despois de ter visto series de anime, e acaban enganchándose á lectura.
"Hai moitos protagonistas adolescentes e xéneros de todo tipo e poden sentirse identificados con calquera deles", apunta Roberto.
Nos últimos anos incrementouse a venda destes libros e de todos os produtos que rodean as historias xaponesas.
"O manga seríaa a base principal: os cómics que xeran as historias que fan que teñamos todos os produtos relacionados coas historias", relata María Rodríguez, da tenda Mundo Manga, onde venden todo tipo de obxectos relacionados con esta corrente.
Moitos colexios galegos inclúen xa este tipo de cómics xaponeses nas súas bibliotecas porque saben que é unha porta de entrada á lectura para moitos cativos.