Cargando resultados...
O marisco véndese a prezos propios do Nadal nas lonxas galegas
O marisco véndese a prezos propios do Nadal nas lonxas galegas
A ameixa babosa acada estes días un prezo máximo de 34 euros o quilo en lonxa
O bancos de libre marisqueo continuan pechados pola caída da produción
G24.gal
05/05/2023 14:15
Última actualización 05/05/2023 14:23
Prezos propios da mellor campaña do ano pero no mes de maio. A escaseza de produto mantén pechado o libre marisqueo desde o mes de xaneiro, hai pouco e os prezos dispáranse.
A ameixa e o berberecho cotizan estes días por riba dos 30 euros o quilo na lonxa. Os produtos do mar non conseguen estabilizar os prezos, tamén o peixe segue caro, mentres o sector reclama a baixada do ive para este produto.
O sector agarda con impaciencia a apertura dos bancos de libre marisqueo para poder abastecer de produto as lonxas.