O matadoiro móbil da Xunta comezará a funcionar a partir do 19 de xaneiro
O matadoiro móbil da Xunta comezará a funcionar a partir do 19 de xaneiro
O servizo está orientado ao sacrificio do gando ovino, cabrún e porcino de explotacións pequenas afastadas de núcleos de poboación
A partir deste luns os gandeiros galegos poderán solicitar cita para o matadoiro móbil da Xunta a través do número de teléfono 982 251 201.
Este servizo está orientado principalmente ao sacrificio do gando ovino, cabrún e porcino, naquelas explotacións de tamaño pequeno de zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e a grandes distancias de matadoiros tradicionais.
A Consellería do Medio Rural explicou mediante un comunicado que unha vez que se recollan as demandas dos gandeiros, organizarán as rutas do matadoiro para optimizar o seu funcionamento.
O camión permite sacrificar animais e o seu principal obxectivo é mellorar a xestión e rendibilidade das explotacións pequenas, para que poidan reducir custos de transporte do gando.
O matadoiro estará en pleno funcionamento a partir do próximo venres 19 de xaneiro, segundo informou a Xunta, unha vez completada a etapa de formación do persoal e de axustes técnicos.
Estivéronse realizando as primeiras probas en explotacións para a posta en marcha do servizo, cuxos prezos oscilarán entre os 10 euros, para o gando bovino e caprino de menos dun ano, e os 50 euros para os porcos.