Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mecalia Guardés resolve no segundo tempo e suma o primeiro triunfo

O Mecalia Guardés resolve no segundo tempo e suma o primeiro triunfo

Vitoria ante o Xixón por 28-21

O Porriño perdeu na casa co Elxe (23-32)

G24.gal 07/09/2023 07:41

O Mecalia Guardés estreou o taboleiro de vitorias desta temporada cun triunfo ante o Xixón por 28-21. O marcador non reflicte a igualdade que houbo nun partido que rompeu a partir do minuto 50. 

No primeiro tempo as alternativas foron constantes e a vantaxe ao descanso era mínima a prol das guardesas (13-12). Conducidas por unha gran Cecilia Cacheda (seis goles) que se enfrontaba ao seu exequipo, o Mecalia, comezou a abrir unha marxe interesante a partir do minuto 17 do segundo tempo cun parcial de 3-0 (22-18). 

O Conservas Orbe Porriño perdeu na casa contra o poderoso Elxe, o seu verdugo o ano pasado nos cuartos de final na loita polo título (23-32). As porriñesas pagaron caras as importantes baixas con que tiveron que afrontar o encontro. 

O partido foi igualado ata o final do primeiro tempo, en que o Elxe logrou un 0-3 que lle permitiu chegar ao descanso cun 11-15. Esa marxe foi demoledora, xa que as visitantes aproveitaron a ferida para irse por riba dos cinco goles ao comezo da segunda metade (14-20) e non fixeron máis que incrementar a vantaxe ata o final do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade