Cargando resultados...
O Mecalia xogará na Sangriña o primeiro partido da final europea ante o Konyaalti turco
O Mecalia xogará na Sangriña o primeiro partido da final europea ante o Konyaalti turco
A ida, o 29 de abril na Sangriña, e a resolución, o 6 de maio en Turquía
Foto Mecalia
G24.gal
27/03/2023 16:37
Última actualización 27/03/2023 16:43
O Mecalia Guardés disputará a súa primeira final europea.
O rival na gran festa European Cup será o Antalya Konyaalti BSK de Turquía. Será unha final a dobre partido.
A ida, o 29 de abril na Sangriña, e a resolución, o 6 de maio en Turquía.
Antes da final europea, o equipo miñoto terá que disputar os tres últimos partidos da liga regular, todos en casa, e a Copa da Raíña, que se celebra do 21 ao 23 de abril.