O mellor tirador de cervexa de Galicia está no Salnés
O mellor tirador de cervexa de Galicia está no Salnés
É a segunda vez que Gustavo Rey, que rexenta un local en Cambados e outro en Ribadumia, se fai con este título
O 26 de abril participará no campionato nacional
Servir ben unha cervexa é unha arte que Gustavo Rey domina dende hai anos. Esta xa é a segunda vez que o nomean mellor tirador de cañas de Galicia. Explica que a cervexa ten que ocupar as tres cuartas partes do recipiente, unha nube de gas por debaixo da crema e xa unha capa duns 3 centímetros de crema. Insiste en que si foi servida correctamente, segundo se bebe, irán aparecendo marcas de aros no vaso.
Nesta edición do campionato, convocado por unha marca de cervexas, déronse cita os gañadores dos últimos anos, o que aseguraba un alto nivel. Os participantes tamén tiveron que responder preguntas sobre as características ou a elaboración de distintos tipos de cervexa.
Rey apunta que no pimeiro trago non se nota tanto se a cervexa está ben servida, pero despois xa se nota que aguanta máis, está máis fresca e conserva o gas.
O próximo día 26 Gustavo competirá no campionato nacional para ser o mellor tirador de cervexa de España.