Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ministerio de Sanidade revela que un 35 % dos preadolescentes consumiu alcol algunha vez

O Ministerio de Sanidade revela que un 35 % dos preadolescentes consumiu alcol algunha vez

Na maior parte dos casos o consumo pode derivar nunha adicción

O estudo revela que cada vez se inicia antes o consumo de substancias adictivas
G24.gal 28/12/2023 15:40

Case un 35 % dos estudantes de entre 12 e 13 anos recoñece que consumiu alcol algunha vez na súa vida. No caso do tabaco, un 9 % recoñece que o probou e un 25 % probou os cigarros electrónicos. Son os datos obtidos dun estudo piloto que realizou a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

É a primeira vez que se fai un informe nesa franxa de idade, entre estudantes de primeiro e segundo da ESO. O sorprendente e que os datos revelan un consumo incipiente que case sempre é a porta de entrada a unha adicción. Ademais, cada vez inícianse antes no consumo de substancias adictivas.

O estudo céntrase no consumo de alcol, tabaco e outras adicións como poden ser os videoxogos ou Internet, e os datos son preocupantes. Conseguen as bebidas en tendas de barrio ou nas súas propias casas, e moitos mestúrano con bebidas enerxéticas. En canto ao tabaco, case un 9 % recoñece que fumou algunha vez.

"A adolescencia ou preadolescencia fai que o noso cerebro estea como moito máis necesitado de novas estimulacións de busca de sensacións", declara  Jorge Carballido, técnico municipal de prevención de drogas do Concello de Santiago.

Aínda que está prohibida a súa venda a menores, na maioría dos casos téñeno ao seu alcance.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade