Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ministerio de Transportes remata a demolicións dos vans dos viadutos da A-6

O Ministerio de Transportes remata a demolicións dos vans dos viadutos da A-6

Queda por rematar a derruba dos piares da estrutura para iniciar a reconstrución do viaduto con dirección a Madrid

Obras do viaduto da A-6 Obras do viaduto da A-6
G24.gal 21/04/2023 13:26

O Ministerio de Transportes finalizou xa a demolición dos vans dos dous viadutos do Castro, no trazado da autovía A-6, na Veiga de Valcarce (León).

Os traballos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nos viadutos do Castro, na A-6, van a bo ritmo.

"Onte finalizaban as obras para desmontar o último van", confirmou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

“Agora queda por terminar a derruba dos piares da estrutura, para comezar os traballos de reconstrución do viaduto en dirección Madrid”, precisou, co obxectivo de poñelo “á disposición da dobre circulación” canto antes.

Seguridade

Para a responsable do Goberno é fundamental á seguridade, á que, segundo dixo lle están a dar prioridade.

“Nesta liña imos seguir, avanzando rápido, cun obxectivo claro, que é recuperar a conexión coa meseta canto antes, facendo uso do viaduto en sentido Madrid en ambas as direccións, porque somos conscientes da importancia que ten esta infraestrutura para a provincia de Lugo”, concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade