Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre na Coruña o primeiro centro de ocio de realidade virtual en Galicia

Abre na Coruña o primeiro centro de ocio de realidade virtual en Galicia

Zero Latency inaugúrase este venres de xeito permanente

Un grupo de gamers galegos puido testalo este martes

Zero Latency VR
G24.gal 24/09/2024 16:21 Última actualización 24/09/2024 16:46

Só hai 140 locais de ocio de realidade virtual en todo o mundo e agora chega o primeiro a Galicia. O centro Zero Latency será un oasis para todos os amantes dos videoxogos ávidos de experiencias inmersivas.

"Aquí a xente vai poder ter experiencias inmersivas xogando e despois facerse vídeos cos personaxes favoritos. É un centro moi moderno, moi futurista", explica Juan Sanjuan, ceo de Nunegal Consulting.

O centro conta con cabinas holográficas e cunha sala de xogos de 200 metros cadrados equipada coa tecnoloxía máis punteira que hoxe testou un grupo de gamers galegos.

"Nótase bastante inmersivo é o certo é que ata dá medo, nalgunhas ocasións".

"Sobre todo cando che veñen aí superpreto, de feito hai un momento en que me puxen a berrar un montón pero encantoume, superguai".

 "Por momentos nin te decatas que estás nun espazo físico real. Pásanche animais, paxaros, todo", contan os gamers que participaron na estrea.

Tras o rexistro e un adestramento previo, toca enfundarse o casco e a xogar durante 30 minutos.

"Hai unhas experiencias para xente máis pequena onde non se precisan armas e logo hai experiencias de zombis, aliens. Agora estreamos Warhammer: Space Marine que sae o lanzamento a nivel mundial aquí con Zero Latency pero hai xogos famosos como Far Cry e outros que coñece todo o mundo", apunta Juan Sanjuan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade