O planeta volve debater sobre o cambio climático sen un obxectivo común
O planeta volve debater sobre o cambio climático sen un obxectivo común
España promete destinar 1.350 millóns de euros desde 2025 contra a emerxencia climática
A UE pide gravar o CO2 porque "a natureza non pode pagar máis ese prezo
Biden busca neste cumio ser o gran líder global contra a crise climática
A Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP26) que se celebra ata o 12 de novembro en Glasgow (Escocia) debe ser o escenario no que a comunidade internacional revise os progresos desde o Acordo de París de 2015 e busque novos compromisos para evitar que as temperaturas a final de século suban máis de 1,5 ° C respecto a os valores preindustriais.
O secretario xeral da ONU, António Guterres, non poñía panos quentes ante o que se dirime ata o 12 de novembro no Cumio do Clima de Glasgow.
É hora de dicir basta, estamos cavando as nosos propias tumbas.
Europa quere marcar o paso
A Unión Europea asume o papel de líder global na loita climática, coa vista posta nunha carreira enerxética por sustentabilidade e cara á enerxía renovable na que espera gañar competitividade internacional.
A UE fixouse a meta de reducir as súas emisións nun 55 % en 2030 respecto a 1990, e alcanzar a neutralidade climática. Europa, que actualmente está a deseñar a lexislación para cumprir eses obxectivos, aprema ao resto da comunidade internacional a que mostre máis ambición climática e solidariedade financeira.
"Pasar das aspiracións á acción"
Aínda que xa non forma parte da UE, o Reino Unido, anfitrión da COP26, segue os mesmos pasos que o bloque comunitario e aspira a alcanzar as "emisións cero" en 2050, cunha senda de redución do 68 % para 2030 e do 76 % para 2035, así como descarbonizar o sistema eléctrico para 2035.
O primeiro ministro británico, Boris Johnson, vai instar ao mundo durante este cumio a "pasar das aspiracións á acción". Johnson urxirá a tomar medidas para acabar co carbón, acelerar a transición a vehículos eléctricos e deter a deforestación.
Ademais tamén vai reclamar elevar as contribucións financeiras aos países en desenvolvemento afectados pola crise climática. Os líderes de 120 países chegan á cidade escocesa para render contas sobre os compromisos adquiridos hai 6 anos en París.
Daquela, fixaron como obxectivo que a finais de século a temperatura do planeta non supere en mais de grao e medio á que había antes da revolución industrial.
Pero segundo os expertos, co que está anunciado ata agora, esa cifra vaise achegar aos 3 graos, o que o británico Boris Johnson definía como "un minuto para a medianoite no reloxo do xuízo final".
O papel dos Estados Unidos e Joe Biden
Tras a saída de Donald Trump da Casa Branca, o presidente Joe Biden devolveu a Estados Unidos ao Acordo de París e fixo bandeira da loita climática.
Biden busca presentarse como cumio como exemplo do liderado mundial cuns obectivos ambicisos que, non obstante, chocan con varios obstáculos tanto a nivel doméstico como internacional.
Biden quere recortar as emisións contaminantes ata nun 53 % en 2030, respecto a 2005, chegar a "cero emisións" a metade de século e anunciou grandes investimentos para desenvolver sectores industriais sostibles como a enerxía solar ou o vehículo eléctrico.
A China, o gran contaminador
Pero gran parte da atención do cumio centrarase na China, primeiro emisor de CO2 do mundo desde 2006, cuxo presidente, Xi Jinping, non viaxará a Glasgow, aínda que si está previsto que interveña por videoconferencia.
Pequín elevou os seus obxectivos desde o Acordo de París e espera alcanzar a neutralidade de carbono en 2060, pero antes aínda ten previsto marcar o seu pico de emisións antes de 2030.
En canto ao resto de grandes economías, o Brasil chegará a Glasgow sen o seu presidente, Jair Bolsonaro, e co compromiso de acabar coa deforestación para 2030 e desprenderse do CO2 en 2050.
Rusia, cuarto emisor do mundo e gran produtor de combustibles fósiles cuxo presidente, Vladimir Putin, tampouco irá a Glasgow, aspira a reducir nun 79 % as emisións de gases de efecto invernadoiro ata 2050, respecto a 1990, e por alcanzar as cero emisións en 2060.
O primeiro ministro da India, Narendra Modi, terceiro emisor de dióxido de carbono, confirmou asistencia unha semana antes da cita, pero non aclarou aínda para cando aspira alcanzar a neutralidade climática.
O Xapón, quinto emisor mundial de CO2, revisou drasticamente os seus obxectivos e proponse reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro nun 46 % para 2030, Corea do Sur aspira á neutralidade climática en 2050 e Nova Zelandia reducirá as súas emisións un 50 % en 2030.
O primeiro ministro de Australia, Scott Morrison, non tiña previsto acudir á cita climática pero, ante a crecente presión, confirmou asistencia e fixou 2050 como horizonte para descarbonizar a economía dese país que produce gas e carbón.
Países pobres, menos recursos e xa vítimas do cambio climático
Os Países Menos Desenvolvidos, bloque que reúne a 46 Estados de África, Asia-Pacífico e o Caribe con máis de 1.000 millóns de persoas, queren que a COP26 achega unha resposta "xusta e ambiciosa".
"Os países desenvolvidos non están a cumprir o seu compromiso actual de entregar 100.000 millóns de dólares por ano para 2020", lembra ese grupo de Estados, que subliña que os seus habitantes son os que "sofren de maneira desproporcionada os impactos cada vez maiores do cambio climático a pesar de que son os que menos contribúen ao quecemento global".
En vésperas da COP26, o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) celebrou a revisión á alza dos compromisos, pero advertiu que son insuficientes.
"Para ter unha oportunidade de limitar o quecemento climático a 1,5 graos, temos oito anos para reducir case á metade as emisións de gases de efecto invernadoiro", afirmou a directora executiva do PNUMA, Inger Andersen.