O Noia mantén os tres puntos de marxe co descenso na LNFS
O Noia mantén os tres puntos de marxe co descenso na LNFS
Gañoulle ao Santa Coloma por 4-3, remontando o gol inicial dos cataláns
O Noia Portus Apostoli logrou unha nova vitoria nesta reacción final. Gañoulle ao Santa Coloma por 4-3 e mantén os tres puntos de vantaxe co Betis, o equipo que ocupa o segundo posto de descenso e que acadara unha sorprendente vitoria diante do Barcelona.
O partido comezou mal, cun gol visitante marcado por Nil. Empatou David Pazos e chegouse co 1-1 ao descenso e nada máis comezar a segunda metade Edu Jabá anotaba o 2-1. O ritmo goleador aumentou nos últimos dez minutos cando o Santa Coloma arriscou e foi aproveitado polo Noia para poñer o 4-1 cos tantos de Lluc e David Pazos.
David Peña e Marc Tolrá marcaron xusto antes de entrar nun último minuto de moita presión para o Noia pero no que resolveu o encontro.