Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa expresa a súa proximidade aos afectados pola catástrofe da DINA

O papa expresa a súa proximidade aos afectados pola catástrofe da DINA

O pontífice fixo chegar o vídeo ao presidente da Conferencia Episcopal Española

 

G24.gal 31/10/2024 10:37

O Papa expresou a súa proximidade aos afectados pola catástrofe da DINA na Comunidade Valenciana, que acabou coa vida de polo menos 92 persoas, ademais doutras tres que faleceron en Castela-A Mancha e Andalucía.

O pontífice fixo chegar o vídeo ao presidente da Conferencia Episcopal Española, Luis Argüello. "Monseñor, querido irmán, quero expresar a miña proximidade coa xente de Valencia, e que ti desde Valladolid lla fagas chegar", sinalou na mensaxe que fixo público a Conferencia Episcopal Española nas redes sociais.

"Estou preto deles neste momento de catástrofe", manifestou Francisco, quen tamén asegurou que reza "por eles". "Que Deus os bendiga a todos", engadiu.

Este martes Luis Argüello, e o secretario xeral da CEE, Francisco César García Magán, trasladaron a súa "proximidade e oración" a todos os afectados pola DINA. Nunha carta dirixida ao arcebispo de Valencia, Enrique Benavent, e noutro escrito ao administrador diocesano de Albacete, Julián Ros, fixo pública "a súa dor ante os momentos difíciles que están a vivir nas súas dioceses" como consecuencia da intensa choiva.

Esta mañá retomáronse os labores de procura dos desaparecidos na zona afectada, traballos nos que participan un milleiro de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade