Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco decide non ler a homilía na misa do Domingo de Ramos

O papa Francisco decide non ler a homilía na misa do Domingo de Ramos

Dende que padeceu unha gripe hai tres semanas arrastra problemas respiratorios

G24.gal 24/03/2024 11:42 Última actualización 24/03/2024 21:19

O papa Francisco non leu a homilía que tiña preparada para a misa do Domingo de Ramos, a celebración eucarística que abre os ritos da Semana Santa e que reúne máis de 60.000 fieis na praza de San Pedro no Vaticano.

Na apertura da cerimonia, o pontífice mostrara unha voz cansa e ao final da lectura do Evanxeo, cando se agardaba a homilía, seguiu un prolongado silencio e pasouse directamente ao credo.

A decisión do papa, que preferiu non ler a homilía para deixar un tempo de reflexión persoal, foi totalmente inesperada, xa que estaba previsto que o fixese no Domingo de Ramos.

Dende que tivo unha gripe hai tres semanas seguiu coa súa axenda, pero en moitas ocasións non puido enfrontarse a longos discursos.

O pasado mércores, durante a audiencia xeral, Francisco non leu a catequese preparada e no seu lugar fíxoo un colaborador porque, afirmou: "Aínda non podo", en referencia aos problemas respiratorios que arrastra.

A praza estaba engalanada coas ramas de oliveira e as palmas que portaron en procesión antes da misa as persoas asistentes, lembrando a entrada triunfal en Xerusalén de Xesús de Nazaret. No obelisco central, foron bendicidas nun dos ritos máis antigos do catolicismo, que data do século IIII.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade