O papa reclamou con insistencia a paz no mundo na súa mensaxe de Nadal
O papa reclamou con insistencia a paz no mundo na súa mensaxe de Nadal
Pediu a fin da "insensata guerra de Ucraína" e lembrou outros moitos conflitos
Francisco denuncia tamén na mensaxe que o mundo está "enfermo de indiferenza"
Na tradicional bendición Urbi et Orbi, impartida en ocasións especiais coma o Nadal, o papa Francisco pediu dúas cousas: a primeira, redescubrir o sentido destas festas, que non está, dixo o pontífice, no consumismo que “anestesia o corazón”. E a segunda: a paz.
Como é habitual, durante este día de alegría para a Igrexa católica o pontífice percorre no seu discurso todos os lugares do mundo marcados por graves tensións para lembrar que a humanidade aínda ten moito traballo por diante.
Definiu o conflito en Ucraína coma unha “guerra insensata” e lamentou que por culpa dela a crise alimentaria empeore no corno de África. Pediu paz no Sahel, en Terra Santa, estabilidade en América Latina e que se deteña o derramamento de sangue en Irán.