O Páramo celebra a Festa da Primavera cun concurso de raza rubia galega
O Páramo celebra a Festa da Primavera cun concurso de raza rubia galega
Gando e maquinaria son os protagonistas do evento
Os actos serán na carballeira da vila ata o domingo
Unha festa en plena natureza á que non lle falta de nada. Logo de dous anos, O Páramo volve acoller a súa celebración de primavera na que a agricultura e a gandería acaparan o protagonismo. Nesta edición número 44 hai máis maquinaria agrícola ca nunca e, malia competir en público co Arde Lucus, os participantes amósanse satisfeitos.
Pero as estrelas da festa son as vacas de raza rubia galega e asturiana. Os mellores exemplares da contorna participan nun concurso, poden ser visitados polo público e, como antano, mesmo se fan tratos para a venda dos animais. E, por suposto, hai premio para as mellores.
E como boa festa rural, non pode faltar a música da banda e das orquestras ou as atraccións para a mocidade, os postos de venda de todo tipo, e o a comida e bebida. Os parameses presumen da súa festa.
Así pois, unha festa do máis completo que vai durar ata o domingo na carballeira do Páramo.