Publicador de contidos
Publicador de contidos

O patrulleiro Arnomendi da armada convida a coñecer as súas entrañas en Vigo

O patrulleiro Arnomendi da armada convida a coñecer as súas entrañas en Vigo

O buque descansa antes de partir cara ás Azores para continuar co seu traballo de vixilancia e apoio na campaña do bonito

G24.gal 16/06/2024 14:32 Última actualización 16/06/2024 16:55

O patrulleiro da armada Española Arnomendi descansa no porto de Vigo da súa campaña de vixilancia e axuda na pesca do bonito. Mentres, pode ser visitado por quen desexe saber como é a vida a bordo. 

O Arnomendi é un dos tres buques da Armada Española que apoia a frota pesqueira española. Este patrulleiro navega uns 110 día ao ano e o resto do tempo permanece na súa base en Ferrol.

En abril e maio andaron entre os barcos que andaban ao bocarte no mar Cantábrico. Agora levan dende o 3 de xuño na campaña do bonito no Atlántico e nas Azores, lugares a onde partirán de novo este luns.

No mar recollen aparellos, apoian aos rescates nos naufraxios e inspecciones áreas e embarcacións. A función é estar no mar entre os barcos pesqueiros para solucionar canto problema xurda e tamén para velar pola legalidade, quen pesca que, de que país é e en que caladoiro o fai.

O Arnomendi, igual ca o Alborán e o Tarifa, vixía, inspecciona e apoia os mariñeiros, moitísimos galegos, nas campañas do bocarte no Cantábrico e do bonito no Atlántico.

"Trátase de facer que cumpran a norma. Non sempre, iso depende do pesqueiro, é mais ou menos agradable recibir unha inspección. Pero en xeral, no norte de España o grao de cumprimento é alto e os pescadores agradecen que esteamos alí. E ver no horizonte aparecer un buque da Armada a eles reconfórtaos, de repente séntense máis seguros, máis arroupados e saben que nós temos unha capacidade de reacción grande e que estamos no mar para axudar", conta a TVG Pablo Eisman Borrego, capitán de corveta e comandante do Arnomendi. 

"Sentímonos útiles porque estamos facendo algo para todos os españois, ao fin e ao cabo, e todos comemos peixe, imos a un bar, a unha pescadería, e nós facemos que iso vaia ben. Que eses pescadores realicen as súa funcións ben, que estean protexidos, vixiados e que todo lles vaia ben, e se lles pasa algo, aí estaremos nós. Que as mulleres cada vez tirámonos máis a isto de saír a navegar, aínda que teñamos familia, deixamos moitas cousas atrás, pero o noso traballo gústanos. E tamén nos gusta que se valore cada vez máis na empresa", explica  a Sarxenta Nataly Lagos Urbano. 

E esta armada modernizada quere que a xente se achegue a ela. Pausas coma a de hoxe serve ara facer intercambio de inspectores, porque o luns outro inspector de pesca retomará o traballo con eles, pero tamén para abrir as portas ao público. 

Os corenta homes e mulleres da armada toman forzas para volver saír ao mar o luns, aos Azores, á campaña do bonito ata o 28 de xuño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade