Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pladiga introduce cambios na coordinación da resposta aos incendios

O Pladiga introduce cambios na coordinación da resposta aos incendios

Dende o 1 de xullo mobilizaranse 7.000 efectivos, 30 medios aéreos, achegados polo Estado e pola Xunta, e 380 motobombas

G24.gal 02/06/2022 14:34

Unha das principais novidades do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais aprobado para este exercicio é a creación do Sistema estrutural de mando operativo, que busca mellorar a coordinación e eficacia do dispositivo contra incendios.

"Sectorízanse os lumes que se poida producir  para q sexan eficaces os traballos de extinción. E amplíase a videovixilancia fixa con seis novas cámaras", explicou o presidente da Xunta.

O dispositivo contra incendios despregará un enorme esforzo humano e material. Dende o 1 de xullo mobilizaranse 7.000 efectivos, 30 medios aéreos, achegados polo Estado e pola Xunta, e 380 motobombas.

Amais, a Consellería do Medio Rural segue actualizando a listaxe de parroquias de alta actividade incendiaria, que suman 35 en toda Galicia. Este ano incorpóranse Folgoso do Courel, A Gudiña, A Mezquita e Calvos de Randín. 

"Váiselles dar información aos veciños de parroquias con alta actividade incendiaria para conciencialos e que saiban como teñen que actuar", dixo Alfonso Rueda.

Tamén reforza o papel da Unidade de investigación de incendios forestais, que no seu primeiro ano de funcionamento abriu 240 dilixencias de investigación, algunhas delas vinculadas ao paso a disposición xudicial dos causantes de incendios.

Plan contra a seca

O Executivo galego tamén aprobou o plan de seca en Galicia-Costa ata o ano 2027, un instrumento normativo que establece as medidas graduais necesarias de actuación ante episodios de escaseza prolongada de auga.

As medidas de ser necesario poden supoñer cortes e prohibicións de determinados usos, para garantir a subministración de auga potable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade