Publicador de contidos
Publicador de contidos

O plan antitabaco de Sanidade prevé subir os prezos e os espazos libres de fume

O plan antitabaco de Sanidade prevé subir os prezos e os espazos libres de fume

As medidas son unha folla de ruta cara a unha nova lexislación máis restritiva

G24.gal 06/04/2024 14:34 Última actualización 06/04/2024 15:04

O Plan de prevención e control do tabaquismo aprobado polo Ministerio de Sanidade co aval das comunidades autónomas contempla a ampliación dos espazos libres de fume e novos impostos para aumentar o prezo do tabaco.

Son dúas das medidas máis controvertidas incluídas nesta folla de ruta cara a unha nova lexislación contra unha adicción que está detrás de dezaseis tipos de cancro.

"Eu son unha persoa moi cortés. Onde non se pode fumar non fumo, se vou a unha casa na que non fuman nin pido permiso, pero prohibir fumar nos espazos exteriores paréceme moi radical", comenta un fumador. "Restrinxir os sitios onde os fumadores actuais poden fumar en vez de axudarnos a deixalo igual non é o mellor", explica outro.

Sanidade si pretende fomentar o abandono do tabaquismo e a axuda para as persoas que queiran deixar de fumar. Poida que os prezos sirvan como motivación extra. O plan prevé aumentar os impostos aos produtos do sector.

Tamén se propón implantar un empaquetado xenérico e prohibir aditivos que lle engadan aromas ao tabaco. Ademais, coa vista posta especialmente na xente nova, o plan de Sanidade equipara os vapeadores co tabaco convencional.

"Creo que é un erro grave compararnos co cigarro tradicional. Isto é unha alternativa ao tabaco e ademais moi diferencial porque nós non levamos tabaco, nós vendemos un líquido que leva un aroma alimentario con sabor a tabaco e outros moitos sabores", argumenta José Luis Lamas, propietario dunha tenda de produtos de 'vapeo' na Coruña.

En calquera caso, nada cambia de forma inmediata. O novo plan antitabaco non é normativo. Unicamente traza o camiño cara a futuros cambios lexislativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos