Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porto de Vigo reclama unha xestión global do problema dos 'botellóns'

O Porto de Vigo reclama unha xestión global do problema dos 'botellóns'

O presidente do Porto convocou unha xuntanza con responsables da Policía Local e da Nacional e co Concello na busca de solucións

G24.gal 03/11/2022 14:39

A praza da Estrela, onde se celebran os botellóns multitudinarios de Vigo, é terreo portuario. O presidente do Porto pide unha abordaxe global para frear o problema.

"A limpeza correspóndenos a nós, pero para outros aspectos de restricións e de accesibilidade non temos capacidade nin competencia. Temos informes do Ministerio do Interior e do Avogado do Estado que din que a seguridade é competencia municipal, aínda que sexa en terreos portuarios, pero a nosa idea é colaborar", destaca Jesús Vázquez Almuíña, presidente da Autoridade Portuaria.

Dende o Concello apuntan que, ao ser terreo do Porto, este debe previr que se produzan botellóns.

"Se hai persoal ou xente na zona do Porto, quen ten que ter atención a iso é o Porto. A Policía Local intervén cando hai un problema de seguridade cidadá e chama a Policía Nacional. O Porto ten que buscar solucións e resolvelo", insiste o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Os veciños recoñecen estar preocupados ante imaxes coma as destes días. O presidente do Porto convocou este venres unha xuntanza con responsables das policías local e nacional e do Concello na busca de solucións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade