Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP acusa a Sánchez de utilizar cortinas de fume para tapar a corrupción

O PP acusa a Sánchez de utilizar cortinas de fume para tapar a corrupción

Elías Bendodo participa en Áraba nun acto de apoio ao candidato do PP

Patxi López insiste en que o PSE será decisivo no futuro goberno vasco

Elías Bendodo en Rivabellosa, Araba
G24.gal 07/04/2024 14:32 Última actualización 07/04/2024 15:30

O Partido Popular ultima un listado aberto de comparecentes nas comisións de investigación abertas no Congreso e no Senado sobre a corrupción. Nun acto electoral en Euskadi, Elías Bendodo acusou a Pedro Sánchez de utilizar cortinas de fume para tapar os casos do partido e da súa familia.

O PP elixiu Áraba para o seu acto de campaña. En Rivabellosa Elías Bendodo pediu unha oportunidade para o candidato Javier de Andrés, e criticou a recente viaxe polo Medio Oriente de Pedro Sánchez e a visita a Cuelgamuros.

"Esta é a estratexia, cortinas de fume para tapar o escándalo que afecta ao goberno, ao partido e ao seu contorno familiar (...) A muller do presidente do goberno conseguía negocios e o presidente pagábaos aprobándoos no Consello de Ministros".

Bendodo lembrou que os populares están traballando no listado aberto de comparecentes nas comisións de investigación abertas nas Cortes xerais.

O PNV tamén elixiu Áraba para o mitin deste domingo. O candidato Imanol Pradales insiste en que nestas eleccións está en xogo o futuro de Euskadi.

"Propoño medrar en benestar e suar a camiseta, paso a paso sen exclusións, sen imposicións e con todos os territorios".

Moitas bufandas do Athletic de Bilbao no mitin electoral que o partido socialista celebrou na localidade biscaíña de Santurtzi. O candidato Eneko Andueza contou co apoio do voceiro do grupo socialista no Congreso. Patxi López  destacou a importancia destas eleccións e de votar aos socialistas, sobre todo, dixo, polo empate entre PNV e Bildu que auguran as enquisas.

"Nunca hai dous sen tres, sobre todo cando o terceiro é o que decide, Euskadi non precisa un campionato do mundo para ver quen é máis nacionalista ou máis independentista, uns ancorados no terreo sen avanzar e outros os de Bildu flotando. Os socialistas somos mellores que os nacionalistas xestionando o público".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade