Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP ponse por diante do PSOE en intención directa de voto, segundo o CIS

O PP ponse por diante do PSOE en intención directa de voto, segundo o CIS

Segue outorgando ao PSOE o primeiro posto en estimación de voto despois da chamada "cociña"

G24.gal 18/01/2023 12:44 Última actualización 18/01/2023 13:20

O PP ponse por diante do PSOE en intención directa de voto, cun 23 por cento fronte ao 22,5 dos socialistas, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que, con todo, si outorga ao PSOE o primeiro posto en estimación de voto despois da chamada "cociña".

A enquisa do CIS, elaborada entre o 2 e o 12 de xaneiro, en plena resaca pola supresión do delito de sedición e a reforma da malversación, pero antes da polémica polo suposto protocolo antiaborto de Castela e León, recorta en tres décimas a vantaxe do PSOE sobre o PP en intención de voto.

A intención directa de voto reflicte a resposta espontánea dos enquisados cando se lles pregunta a quen votarían se hoxe se celebrasen eleccións e non ten en conta outras variables, como o recordo de voto, a posición ideolóxica ou a simpatía por un ou outro partido, que configuran a "cociña" da estimación de voto.

O PSOE obtén un 30,2 por cento en estimación de voto, catro décimas menos que en decembro, e concede ao PP un 28,5 por cento, unha décima menos que na anterior enquisa. 

Unidas Podemos é o único partido no que si hai un claro cambio, cunha subida de case dous puntos nun mes que alcanzaría o 14,2 por cento dos votos. Unha repunta que se produce en plena polémica polas reducións de condena a agresores sexuais pola aplicación da lei do "si é si".

Vox, pola súa banda, caería dúas décimas, ata o 10,0 por cento. O BNG quedaría no 0,6.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade