Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP queda a un edil de conseguir a maioría para gobernar en Lugo

O PP queda a un edil de conseguir a maioría para gobernar en Lugo

A candidatura de Elena Candia conseguiu dous concelleiros máis ca na anterior lexislatura

O PSdeG volverá repetir goberno en coalición co BNG

G24.gal 29/05/2023 01:36

Os doce concelleiros conseguidos polo PP non permiten a Elena Candia formar goberno en Lugo ao non chegar á maioría. Con todo, a formación superou os vinte e un mil votos, algo máis de 7.000 respecto ao PSOE.  Os datos obtidos pola popular supoñen dous concelleiros máis na corporación ca na anterior lexislatura.

Lara Méndez terá que contar de novo co apoio do BNG para formar goberno en Lugo. A candidata socialista mantén os oito concelleiros e o apoio recibido nas urnas sobe lixeiramente, con case mil votos máis que hai catro anos. 

Tamén o BNG sobe en canto a votos e conserva os cinco edís que tiña. Sumados aos oito do PSOE, permítelles manter un goberno de esquerdas en Lugo. Quen desaparece da corporación lucense é o grupo de Ciudadanos, que tiña dous concelleiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade