Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP reúne líderes locais e autonómicos coa vista posta nas eleccións de maio

O PP reúne líderes locais e autonómicos coa vista posta nas eleccións de maio

Recuperar o goberno autonómico e a alcaldía de Valencia, o obxectivo prioritario

Aznar e Rajoy van coincidir nesta Intermunicipal para falar dos gobernos do PP

G24.gal 04/02/2023 14:16 Última actualización 04/02/2023 16:56

Comeza a precampaña electoral do Partido Popular con vistas ás eleccións municipais do 28 de maio. Concelleiros, candidatos e presidentes autonómicos do partido reúnense esta fin de semana na Intermunicipal de Valencia.

"España entre todos" é o lema elixido polo PP para a precampaña electoral que comezou oficialmente este sábado en Valencia, cun acto que xuntou concelleiros, candidatos e os presidentes autonómicos do partido.

Durante toda a fin de semana os asistentes debaterán sobre o papel do poder local nas crises e sobre o pasado, presente e futuro do municipalismo.

Os populares elixiron Valencia porque un dos seus obxectivos prioritarios nas eleccións de maio é recuperar o goberno desta comunidade e a alcaldía da cidade. Cren que eses comicios van supor un antes e un despois en España e que marcarán a porta de saída para o executivo de Pedro Sánchez. 

Na apertura desta Intermunicipal, a secretaria xeral do PP reiterou as críticas polas rebaixas de penas a agresores sexuais, e ofreceu os seus votos para reformar a lei do "só si é si".

"Si, señor Sánchez, protexer as mulleres é máis urxente que protexer a súa coalición de goberno, aí é onde demostra vostede que prioridades ten e evidentemente a gran distancia na maneira de entender a política que ten o partido socialista e Pedro Sánchez, e a que ten o PP e Alberto Núñez Feijóo, aquí está a esencia do gran fracaso político que representa esta lexislatura".

O momento de máis expectación será esta tarde, cando coincidan no mesmo escenario os expresidentes José María Aznar e Mariano Rajoy, distanciados estes últimos anos, xunto a Alberto Núñez Feijóo para conversar sobre a experiencia do partido popular á fronte do goberno de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade