Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP segue destacado en dúas enquisas, pero o PSOE recorta diferenzas

O PP segue destacado en dúas enquisas, pero o PSOE recorta diferenzas

O Partido Popular conseguiría entre 126 e 130 escanos, mentres que o PSOE lograría entre 101 e 106 deputados

G24.gal 04/12/2022 13:16 Última actualización 04/12/2022 13:32

Nova entrega de enquisas, neste caso dos xornais El Mundo e El Español. Os dous coinciden en que se reducen as marxes entre os dous grandes partidos, pero o PP mantén opcións para gobernar.

El Mundo destaca en titulares que "a vantaxe de Feijóo se acurta, pero Sánchez non recupera os seus votantes". Nesta sondaxe, o PP obtería entre 126 e 127 escanos, o PSOE 106, Vox 44 ou 45 e Unidas Podemos 23.

El Español resúmeo así: "Sánchez segue recortando distancias e achégase a 3,8 puntos de Feijóo, pero o PP aínda podería gobernar". Segundo esta enquisa, o PP lograría 130 deputados, o PSOE 101, Vox 48 e Unidas Podemos 29.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade