O PP ve irresponsable a marcha de Lara Méndez e o BNG non cre que afecte o pacto de goberno
O PP ve irresponsable a marcha de Lara Méndez e o BNG non cre que afecte o pacto de goberno
Paula Alvarellos, voceira e concelleira de Urbanismo, posible substituta de Lara Méndez
Sen dar pistas sobre a súa sucesión, Lara Méndez anunciaba por sorpresa que deixará a alcaldía de Lugo para ser a número dous da lista de Gómez Besteiro. Ao seu carón comparecía a que case todos apuntan como substituta: a voceira e edil de Urbanismo Paula Alvarellos, número 3 da candidatura. Mentres non chegue a remuda, será a terceira forza política, o BNG, quen dirixa o Concello.
Sobre a marcha de Méndez pronunciouse o seu predecesor. O tamén socialista López Orozco asegura que el nunca aceptou ofertas para marchar a outros postos. Respecta a decisión, pero di estar sorprendido e inquieto por Lugo.
Desde o PP acusan a aínda alcaldesa de deixar unha cidade caótica e empobrecida, de usar o seu cargo como trampolín político e de actuar de xeito irresponsable.
No PSOE local, xornada sen axenda pública e mutismo total. O primeiro paso será formalizar a dimisión de Lara Méndez esta mesma semana.