Cargando resultados...
O PPdeG confía en aumentar en maio a cifra de alcaldesas
O PPdeG confía en aumentar en maio a cifra de alcaldesas
Aco do PPdeG en Sarria
G24.gal
05/03/2023 15:31
Nesta fin de semana previa á celebración do Día da Muller e en plena precampaña para as municipais, o PPdeG presume de candidaturas femininas.
A secretaria xeral e a presidenta provincial acompañaron hoxe a aspirante á alcaldía de Sarria, Carmen López.
O Partido Popular de Galicia conta nestes momentos con 24 alcaldesas e aspira a aumentar esta cifra nos comicios de maio. Paula Prado lembrou que son a única formación que teñen candidatos en todos os concellos galegos.