O PPdeG defende que combater a violencia de xénero “non é cousa de cores” e fai un chamamento á acción colectiva para protexer as vítimas

Os populares celebraron un acto en Compostela para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres
A secretaria xeral do PPdeG lamenta que “algúns sigan empeñados en facer disto unha cuestión partidista e en patrimonializar unha loita que é de todos”
O PPdeG pon en valor as políticas desenvolvidas desde a Xunta na loita contra a violencia de xénero. Baixo o lema "Non é cousa de cores", os populares conmemoran o 25-N. Nun acto celebrado este mediodía en Compostela varios expertos na materia falaron en dúas mesas redondas sobre a violencia dixital e as agresións sexuais.
A secretaria xeral do PPdeG, na clausura do acto, destacou que Galicia será a primeira comunidade autónoma en aprobar unha lei integral contra a violencia dixital.
Paula Prado lamentou que “algúns sigan empeñados en facer disto unha cuestión partidista e en patrimonializar unha loita que é de todos”, dixo. A secretaria xeral do PPdeG tamén criticou o BNG por apoiar no seu momento a lei de só si é si.