O PPdeG esixe explicacións ao BNG por incluír nas listas electorais un condenado por abusos sexuais
O PPdeG esixe explicacións ao BNG por incluír nas listas electorais un condenado por abusos sexuais
Apelan á responsabilidade dos socialistas galegos polos seus vínculos con Rosendo Fernández
O BNG replica que "nin é nin foi militante da nosa organización" e cuestiona que siga traballando con menores
O PPdeG esixe explicacións ao BNG por incluír nas súas listas electorais un condenado por abusos sexuais a unha menor. Foi nos últimos comicios municipais no concello ourensán de Coles. Tamén apelan á responsabilidade dos socialistas galegos polos seus vínculos con Rosendo Fernández.
Facía estas declaracións Paula Prado, deputada do PPdG no Parlamento de Galicia.
Rosendo Fernández fora condenado por abuso dunha alumna de catro anos cando exercía como docente en 1994, nun centro de preescolar no Grove, e cumpriu condena entre os anos 2000 e 2007 no cárcere deoPereiro de Aguiar. Agora, Rosendo Fernández é un dos voceiros da plataforma ProCAPD, pero tamén formara parte das listas do BNG, como candidato ás eleccións municipais de Coles, Ourense.
O BNG, a través da súa voceira Ana Pontón, replicou asegurando que Fernández "nin foi nin é militante da nosa organización". O cuestionable, segundo Pontón, é que siga traballando con menores.