Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente da Asociación Eólica galega dá por perdidos os investimentos no sector

O presidente da Asociación Eólica galega dá por perdidos os investimentos no sector

Manuel Pazo considera "caótica" a situación actual pola "falta de seguridade xurídica"

G24.gal 09/03/2024 10:47 Última actualización 09/03/2024 13:57

O presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA), Manuel Pazo, alerta na Radio Galega da perda de investimentos neste sector debido á decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de elevar á xustiza europea a tramitación de parques eólicos.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, Pazo fala de situación "caótica" e de "falta de seguridade xurídica" que arreda aos investidores no sector eólico en Galicia.

Na opinión do presidente da Asociación Eólica de Galicia a cuestión prexudicial que agora formula o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á xustiza europea "podería terse feito antes". Pazo apunta á existencia de trinta empresas con acordos para instalar proxectos en Galicia e avisa que tamén se ve afectada a industria asociada a este desenvolvemento. 

"Pérdense fixo. Nestes momentos temos unha barreira á que chegan as empresas que presentaron estes plans industriais eu vexo que xa están desmotivados para investir en Galicia e teñen que buscar os seus investimentos noutro lado"

Pazo asegura que mentres en Galicia se lle están poñendo trabas dende o punto de vista xudicial, noutras comunidades coma Aragón, Andalucía ou Estremadura estase facendo unha aposta forte. Para o presidente de EGA, tras a "consulta prexudicial o único que pode salvar o tema é que non o admita a trámite o Tribunal Europeo". 

Entrevista completa na Radio Galega
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade