Publicador de contidos
Publicador de contidos

Navantia reunirase o venres cos sindicatos tras o rexeitamento do convenio colectivo

Navantia reunirase o venres cos sindicatos tras o rexeitamento do convenio colectivo

G24.gal 05/07/2023 14:21

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol anunciaba que o presidente da compañía abordará cos sindicatos a resposta dos traballadores á proposta de convenio colectivo e plan industrial.

"Se o venres hai avances nas liñas previstas, as mobilizacións serán máis lentas. Se hai bloqueo serán máis fortes. Na reunión intercentros que se celebrou hoxe, o que acordamos foi solicitar unha reunión coa dirección, que nos confirmou que si, que este venres nos reuniremos co presidente, e en función diso a ver que facemos. Probablemente haberá outra reunión a semana que vén", explicou Emilio García Juanatey.

O comité de empresa prevé manter as mobilizacións, pero aposta por seguir negociando para buscar un acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade