Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Portugal poderá ter a alta médica hoxe tras o seu desmaio

O presidente de Portugal poderá ter a alta médica hoxe tras o seu desmaio

En 2018 desmaiouse durante unha visita a Braga por unha baixada de tensión

G24.gal 05/07/2023 17:40 Última actualización 05/07/2023 20:10

O presidente de Portugal Marcelo Rebelo de Sousa sufriu este mércores un desmaio durante unha visita a unha universidade na Costa de Caparica, ao sur de Lisboa, e foi trasladado ao hospital "por precaución" para realizar probas médicas.

As análises realizadas están ben e podería ter a alta hoxe. Polo momento, non está previsto cancelar a súa axenda dos próximos días, máis alá da tarde de hoxe. 

Fontes do gabinete de Presidencia confirmaron que o xefe de Estado "desmaiouse porque estaba indisposto" tras unha visita á Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa.

O conservador Rebelo de Sousa, de 74 anos, é presidente de Portugal desde 2016 e atópase no seu segundo mandato.

O xefe do Estado tivo problemas de saúde anteriormente e en 2018 desmaiouse durante unha visita a Braga por unha baixada de tensión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade