Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Portugal pídelle calma á poboación que foxe dos Azores

O presidente de Portugal pídelle calma á poboación que foxe dos Azores

Os expertos din que na illa de São Jorge podería haber unha erupción volcánica 

Nunha semana rexistráronse 12.700 sismos
G24.gal 27/03/2022 20:11

O Goberno portugués e mailo dos Azores están preparados para evacuar os máis de oito mil habitantes da Illa de São Jorge, onde podería estar a xestarse unha erupción volcánica similar á que viviu recentemente a illa canaria da Palma.

Case trece mil sismos

A illa en xeral, e as zonas de Velas e Rosaes en particular, rexistraron nos últimos oito días case trece mil sismos, mais do dobre dos rexistrados no arquipélago en todo o ano pasado. 

Aínda que case todos os sismos foron imperceptibles para a xente, arredor de dúas mil persoas fuxiron das súas casas, a maioría delas para refuxiarse en illas veciñas.

Visita do presidente portugués

A zona afectada foi visitada esta tarde polo presidente da República portuguesa. Marcelo Rebelo de Sousa viaxou a São Xorxe para ver a situación e transmitir tranquilidade.

O presidente portugués, e as autoridades dos Azores, din que non hai razóns para o medo e que so lle están  a ofrecer a evacuación ás persoas con problemas de mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade