O príncipe Eduardo do Reino Unido recibe o título de duque de Edimburgo
O príncipe Eduardo do Reino Unido recibe o título de duque de Edimburgo
Eduardo gozarao de maneira vitalicia, e á súa morte volverá á Coroa
Cando o príncipe Eduardo casou con Sophie en 1999, a raíña Isabel nomeouno conde de Wessex. Pero a raíña xa deixou escrita a súa intención de que, ao morrer o seu marido, o título de duque de Edimburgo o herdase o seu fillo pequeno.
Case sete meses despois do falecemento da soberana, o novo rei, Carlos III do Reino Unido, cumpriu coa súa vontade. Fíxoo este venres, cando Eduardo fai 59 anos.
🎉 Wishing the new Duke of Edinburgh a very Happy Birthday today!
— The Royal Family (@RoyalFamily) March 10, 2023
The King has conferred the Dukedom of Edinburgh upon his brother, Prince Edward, on his 59th birthday.
🔗https://t.co/Yxe8lDc3pe pic.twitter.com/EGQcqrTcKx
Eduardo gozarao de maneira vitalicia, e a súa morte volverá á Coroa, segundo afirmou o palacio de Buckingham.
O ducado de Edimburgo creouse por última vez para o príncipe Filipe en 1947, con motivo do seu casamento coa entón princesa Isabel, que era duquesa de Edimburgo antes de acceder ao trono en 1952 tras a morte do seu pai, Xurxo VI. Tamén foron duques o príncipe Federico, fillo maior do rei Xurxo II, en 1726; o príncipe Guillerme, irmán do rei Xurxo III, como parte do título conxunto de duque de Gloucester e Edimburgo, en 1764; e o príncipe Alfredo, segundo fillo de raíña Vitoria, en 1866.