Publicador de contidos
Publicador de contidos

O principe Harry no xulgado contra os xornais británicos

O principe Harry no xulgado contra os xornais británicos

Harry acusa de pirateo de teléfonos móbiles a redactores, fotógrafos e colaboradores para obteren información privada 

G24.gal 05/06/2023 08:21

O duque de Sussex declarará baixo xuramento e en persoa no alto Tribunal de Inglaterra e Gales, o edificio neogótico das Reais Cortes de Xustiza de Londres.

Está citado á primeira hora do luns 5 de xuño, e o seu testemuño en contra do Mirror Group Newspapers (MGN) podería comezar esa mesma tarde ou na mañá do martes, unha vez conclúan as alegacións dos avogados de ambas as partes. Non se espera que Meghan, duquesa de Sussex, acompañe o seu marido neste novo retorno ao Reino Unido, o terceiro en tres meses.

A causa contra a editora dos tabloides Daily Mirror, Sunday Mirror e The People, ademais das publicacións dixitais do grupo, é a primeira en chegar a xuízo das demandas civís contra medios de comunicación que afronta o fillo pequeno de Carlos III e a desaparecida Lady Di.

O príncipe Harry é unha das catro persoas que afirman que os xornais de Mirror Group hackearon as súas mensaxes de voz. É un de varios casos nos que o duque de Sussex está involucrado actualmente cos tabloides británicos.

É o primeiro membro da realeza dos tempos modernos en declarar e ser interrogado nun tribunal británico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade