Publicador de contidos
Publicador de contidos

O produto interior bruto de Galicia medra un 4,4 % no último ano

O produto interior bruto de Galicia medra un 4,4 % no último ano

A suba do segundo trimestre do ano foi do 1,1 %, segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE)

O emprego medrou un 2,5 % de abril a xuño, creándose máis de 25.000 postos de traballo

G24.gal 26/08/2022 10:26

O produto interior bruto (PIB) galego creceu no segundo trimestre do ano un 4,4 % en relación co mesmo período do ano anterior, segundo publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).  

As contas por trimestres reflicten que no segundo trimestre do ano o PIB galego experimentou unha suba do 1,1 % respecto aos tres primeiros meses do ano.

Desde o punto de vista da demanda, neste segundo trimestre o gasto en consumo final dos fogares e as institucións sen fin de lucro ao servizo dos fogares creceu no último ano un 1,8 %. As exportacións de bens e servizos anotáronse un aumento anual do 7,3 %.  

Respecto á oferta, en termos anuais, os servizos creceron un 6,5 %, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+19,7 %), e a industria manufactureira un 4,7 %.

Emprego

Os datos de contabilidade trimestral do IGE mostran que o emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, creceu no segundo trimestre un 2,5 %, o que supón un incremento de 25.562 postos respecto do mesmo trimestre do ano anterior.  

Por ramas de actividade, o emprego creceu un 3,1 % no sector da construción, un 2,9 % no sector servizos (cun incremento do 5,1 % no comercio, transporte e hostalería) e un 1,9 % na industria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade