Publicador de contidos
Publicador de contidos

O programa da Xunta de arraigamento para a formación regularizará 145 migrantes a través do emprego

O programa da Xunta de arraigamento para a formación regularizará 145 migrantes a través do emprego

O proxecto inclúe formación curta e específica nos ámbitos de hostalería, construción ou gandería

G24.gal 07/10/2024 14:59

Integrar os migrantes en situación irregular dándolles formación laboral é o obxectivo dun programa que desenvolve a Xunta con Cáritas e a Federación de Escolas Familiares Agrarias.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, di que "a experiencia do ano pasado foi un éxito porque o cen por cento dos migrantes que participaron conseguiron permiso de residencia e traballo".

O programa inclúe formación curta e específica nos ámbitos de hostalería, construción e gandería, entre outros. 

"Imos poñer en marcha a través destes convenios microformacións para 145 persoas migrantes en situación irregular co obxectivo de cualificalos e capacitalos para que poidan achegar á nosa sociedade a través dese traballo nas empresas que despois os van contratar", explica o conselleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos